jueves, 18 de junio de 2009

Isaac Díaz Pardo, membro honorario da Real Academia Galega de Belas Artes: ""Moitas gracias por esta cousa, o que pasa é que teño moitos anos"

Isaac Díaz Pardo, membro honorario da Real Academia Galega de Belas Artes: ""Moitas gracias por esta cousa, o que pasa é que teño moitos anos" (farodevigo.es)

Díaz Pardo Ingresou onte como membro honorario da Real Academia Galega de Belas Artes.

"O que pasa é que teño moitos anos". Así rematou Isaac Díaz Pardo o discurso que onte pronunciou en agradecemento á Real Academia Galega de Belas Artes polo seu ingreso como membro honorario, feito que el atribuiu a "Mercedes (a presidenta a Academia) e outros armadanzas".

A cerimonia celebrouse no salón de actos da Academia e a ela asistiron, entre outros, o alcalde de A Coruña, Javier Losada; o teniente de Alcalde, Henrique Tello; o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, así como membros da institución e amigos do artista.

Despois dunha breve introducción a cargo da presidenta da Academia, María de las Mercedes Goicoa Fernández, e da intervención do académico e secretario xeral da institución, Ángel Luis Hueso Montón, quen deu conta do proceso de proposición e aprobación por maioría absoluta de Díaz Pardo como membro de honra da institución, Díaz Pardo, acompañado por dous académicos, entrou na sala, que o recibiu en pé e con aplausos.

"Este nomeamento supón o cumprimento dunha débeda que a Academia ten cunha xeración que se forma nos años da República e que soubo manter un compromiso de lealdade cos principios culturais, sociais e políticos que forxaron a súa personalidade ata o presente", dixo a presidenta da institución, María de las Mercedes Goicoa Fernández, no seu discurso, no que destacou a "dilatada e intensa actividade vital en pro das artes e a cultura" de Díaz Pardo, a quen definiou como "un defensor a ultranza da cultura galega, da liberdade e da pluralidade".

A presidenta repasou os feitos máis destacados na traxectoria do artista compostelán e, ao remate do seu discurso, fíxolle entrega a éste da Medalla e do diploma correspondentes.

Tocáballe o turno ao flamante membro honorario. Díaz Pardo pediu un micro "para que se me oia, porque xa non teño voz, nin oído…" e, tras asegurar que o seu ingreso se debía á iniciativa de "Mercedes e outros armadanzas, como algún rapaz que xa ten barba branca que está por aquí", agradeceu –"como non vou agradecer?"– por tódalas cousas que a presidenta dixera del e que "son máis ou menos así".

"Eu, hai 25 ou 30 anos non tiña ningún título nin premio", dixo o artista, quen sinalou a publicación do seu libro Galicia hoy como o motivo de que lle empezasen a chegar os recoñecementos, aínda que non polo libro en sí, segundo el bromeou, senon porque na contraportada deste se incluía unha relación de tódolos seus "fracasos".
Entre estes fracasos nomeou Díaz Pardo, comezando polo seu nacemento na "casa da tumbona". O seguinte feito que o artista considerou un fracaso foi a tempada en que, mentres estudiaba Belas Artes en Madrid, pintaba e vendía retratos. "Ésa non era a miña ocupación", afirma.



Díaz Pardo recibe a acreditación como académico da man da presidenta, Mercedes Goicoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario